Skip to content
Pepe o Inglés

Series

Pepe o Inglés (2006)

IMDb8.650 min / episode2 seasonsTelevisión de Galicia

Trátase dunha comedia de situación gravada con público. Pepe (Miguel de Lira) é un home fascinado por todo o inglés que rexenta un taller de reciclaxe e leva unha vida caótica argallando inventos con Suso (Xron), un seu axudante de lóxica peculiar. Xunto a eles sempre está Negreira (Manuel Cortés), un seu amigo taxista, visceral en todo e amante das rancheiras. A súa vida mudará cando chega unha nova veciña á casa do lado do taller, Pilar (Patricia de Lorenzo), unha muller metódica, ordenada e legalista, que chocará desde o principio con Pepe. A serie amosa tamén a vida dun barrio que se resiste a perder a súa personalidade e sucumbir aos ataques da especulación. O taller de Pepe é o bastión principal desa resistencia: un solar que mantén sen vender a pesar das ofertas dos construtores.

Themeslive studio audiencesitcom

Episodes

13 episodes across loaded seasons. Sign in to track your progress.

Synopsis

Pilar acaba de mudarse ao que aparentemente é unha tranquila rúa do extrarradio da capital. Ao pouco tempo de marchar o camión de mudanza, ve con asombro como o muro que separa a sua casa da do veciño cae; de debaixo dos cascallos asoman Pepe, Negreira e Suso. Pilar acaba de entrar no caótico mundo de Pepe o inglés. Presentación da serie e dos personaxes